Sunday 12 de May de 2024

Maxia e manualidades centran o comezo da segunda semana do Lousame Concilia


O programa Lousame Concilia continúa esta semana as súas propostas de lecer con sesión de maxia e manualidades. Os 20 nenos e nenas, de entre 3 e 12 anos, que participan nesta proposta estival para a conciliación da vida familiar e laboral aprenderon as posibilidades que ofrece a reciclaxe.
Así, deixaron voar a súa imaxinación para crear con materiais de refugallo divertidos peixes de cores reciclando CDs. Ademais de pintalos, completaron a decoración con cartóns de diferentes cores. Como complemento, o Lousame Concilia ofreceu tamén unha completa sesión de maxia
O Lousame Concilia Verán desenvólvese de luns a venres nas instalacións do CPI Cernadas de Castro, entre as 09.30 e as 14.30 horas. Este servicio está organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Lousame e conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Fondo Social Europeo.